venres, 25 de abril de 2014

Levantemos a dignidade desta comarca: Todas e todos diante da antiga porta do estaleiro o martes 29 de Abril ás 7 da tarde


Axudemos a levantar a dignidade desta comarca:
Todas e todos diante da antiga porta do estaleiro
o martes 29 de Abril ás 7 da tarde.

QUEN?

As Marchas da Dignidade que viven, medran e marchan en Ferrolterra.

QUÉ?


Concentración de protesta e asemblea aberta, micrófono aberto.

CANDO E ONDE?

O próximo martes 29 de Abril ás 7 da tarde diante da antiga porta do estaleiro, fronte ao Campo de Ferrándiz en Esteiro (Curva da Estrada de Circunvalación en Esteiro).

POR QUÉ?

Porque en Ferrol Terra temos DIGNIDADE. Somos unha comarca loitadora, que se rebela contra as decisións políticas que a agreden.

Porque queremos recoller o exemplo que as miles de prendas de roupa colgadas na rella da antiga Bazán simbolizan, se o pobo está unido si se pode.

Porque non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido condenarnos a pobreza e ao traballo sen dereitos, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido facer da nosa comarca un deserto en ruínas, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido facer dos nosos dereitos o seu negocio, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido que a nosa ría continúe a ser unha esterqueira e non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido a liquidación dos nosos estaleiros.

Porque se as loitas se unen si se pode: a loita d@s pensionistas; a loita d@s preferentistas; a loita polo dereito ao aborto e contra a violencia machista; a loita pola defensa da vida e da Ría fronte a ameaza de Reganosa; a loita sindical contra os EREs e na defensa dos postos de traballo; a loita contra os desafiuzamentos e pola vivenda digna; a loita pola defensa da sanidade, o ensino e os servizos públicos; a loita en defensa da construción naval, polo levantamento do veto á construción naval civil e pola construción do dique flotante, a loita polo saneamento integral da Ría; contra os recheos da Malata, o tren polo norte; a loita pola rehabilitación de Ferrol Vello, do barrio de Recimil, e do resto do Ferrol desafiuzado; a loita en defensa e rehabilitación do Mercado de Caranza; ...

Seguiremos marchando ...  : polo dereito ao traballo; polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica;  polo dereito a unha vivenda digna, polos servizos públicos, a sanidade e a educación; contra a corrupción , os corruptos e os corruptores; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga; contra a estafa e o roubo bancario; ... pola dignidade.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
24 de abril de 2014 21:01

---

mércores, 16 de abril de 2014

As Marchas da Dignidade viven, medran e marchan en Ferrol Terra - As citas que veñen

OLLO!
A ASEMBLEA DESTE MÉRCORES 23 DE ABRIL,
É NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA, ÁS 6 DA TARDE.
PARTICIPA NON FALTES !!

As Marchas da Dignidade viven, medran e marchan en Ferrol Terra. Non podía ser doutro xeito. Somos unha comarca loitadora, que se rebela contra as decisións políticas que a agriden: a loita polo saneamento integral da Ría; contra os recheos da Malata; en defensa da construción naval, polo levantamento do veto; a loita pola defensa da sanidade e do ensino público; a loita contra os desafiuzamentos e pola vivenda digna; a loita sindical contra os EREs e na defensa dos postos de traballo, a loita pola defensa da vida e da Ría fronte a ameaza de Reganosa, a loita polo dereito ao aborto e contra a violencia machista, a loita d@s preferentistas, a loita d@s pensionistas... .a loita dunha maioría social que ve pisoteada a súa dignidade.

Porque en Ferrol Terra temos DIGNIDADE. Por iso o pasado 22 de marzo desprazámonos a Madrid en autobuses e en tren. Para defender a nosa dignidade e 10 puntos que definen os problemas e as solucións que nos unen para marchar. Por iso seguimos ilusionándonos por ampliar este espazo de encontro, loita e solidariedade que son as Marchas da Dignidade, onde todas e todos estamos chamados a participar amosando a nosa dignidade como pobo.

No mes de xuño do 2013, nas rellas da antiga Bazán, colgábamos miles de prendas de roupa nunha acción convocada por múltiples organizacións e artistas, no que se chamou CARGA DE DIGNIDADE. Na actualidade, moitas desas prendas desapareceron, e unha faixa coa palabra “dignidade” atópase nun estado lamentable.

A asemblea das Marchas da Dignidade queremos coller o relevo e propoñemos a toda a cidadanía, que somos a maioría social, a todas as organizacións sociais, políticas, culturais... LEVANTAR A NOSA DIGNIDADE, A DIGNIDADE DESTA COMARCA ENTRE TODAS E TODOS.

Trátase dunha acción simbólica, pero cun forte contido, porque quere lanzar unha mensaxe a aqueles que teñen decidido a liquidación dos nosos estaleiros; a aqueles que teñen decidido que a nosa ría continúe a ser unha esterqueira; a aqueles que teñen decidido facer dos nosos dereitos o seu negocio; a aqueles que teñen decidido facer da nosas comarca un deserto en ruínas e a aqueles que teñen decidido condenarnos a pobreza e ao traballo sen dereitos. Esa mensaxe é : “NON NOS RENDEMOS! ESTAMOS UNÍNDONOS! PORQUE SOMOS POBO! PORQUE TEMOS DIGNIDADE!”.

Únete a nós, fala na túa organización para que se una ás Marchas da Dignidade, participa nas próximas accións:

23 de abril.- Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra no Centro Cívico de Caranza ás 6 da tarde.

26 de abril.- Asemblea das Marchas da Dignidade de toda Galiza no concello de Teo. Xornada de confraternización, análise e debate. Haberá bus para desprazarse. Contactar en columnacaranceira@gmail.com ou no 629 068 300 [+Info].

29 de abril.- Levantemos a dignidade desta comarca! Todas e todos diante da antiga porta do estaleiro, fronte ao campo do Ánimas, ás 7 da tarde, para arroupar o acto de rehabilitación da pancarta “CARGA DE DIGNIDADE”. Posteriormente celebraremos una asemblea aberta.

1 de maio.- Aínda que non foi posible este ano unha convocatoria que unise á clase obreira e aos dirixentes sindicais nunha soa manifestación, nunha soa voz, contra as directrices da Troica (Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional), facemos un chamamento á participación nas diferentes manifestacións que recorrerán as rúas de Ferrol.

Seguiremos marchando ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/

---

xoves, 3 de abril de 2014

Despois do 22M seguimos marchando: Asemblea Aberta, no Centro Cultural Carvalho Calero, do Inferniño, o Mércores 9 de Abril, ás 6 da tarde


Despois do 22M seguimos marchando, é por iso que continuamos organizando-nos, concienciando-nos e mobilizando-nos, para acadar os nosos obxectivos de Pan, Traballo e Teito. O Mércores, 9 de Abril de 2014, vemo-nos na Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra que se celebrará no Centro Cultural Carvalho Calero, do Inferniño en Ferrol, ás 18:00hs.

O 22 de Marzo, confluíron en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.

Falaremos do que suceda e acorde na xuntanza de coordinación que o día anterior 8 de Abril, vai ter lugar en Compostela. Prepararemos os dous actos de presentación e organización programados para San Valentín (Fene) e Canido (Ferrol). Abordaremos o tratado nas comisións de traballo: a de coordinación, a de enerxía e a do 1 de Maio. e por último prepararemos a convocatoria da Asemblea Galega das Marchas da Dignidade do Sábado 26 de Abril na 'Casa Común de Oza' no concello de Teo, de 10 da mañá a 2 da tarde.

Seguiremos marchando ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA E HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com  | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org
---