domingo, 13 de decembro de 2015

As Marchas imos participar hoxe na Manifestación Comarcal polo Emprego en apoio do Naval


As Marchas da Dignidade de Ferrolterra imos participar hoxe domingo 13 de decembro, na Manifestación Comarcal polo Emprego en apoio do Naval, que convocan os comités de empresa de Navantia-Fene e Navania-Ferrol, así como os delegad@s de persoal e membros de comités das compañias auxiliares.

Unha grande Manifestación Comarcal en Defensa do Naval. Que saírá sobre ás 12 do mediodía desde o Inferniño de Ferrol.

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra imos para demandar emprego, un plan comarcal de choque contra o paro nuhas comarcas que están cun elevado índice de desemprego, moi por encima da media estatal e galega.

Á RÚA QUE XA É HORA - PAN , TRABALLO E TEITO !!

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Teléfono: 602 587 531 |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/ |

||||||||||||

Enlace relacionado: Manifestación Comarcal en defensa do Naval - Ferrolterra Esixe Solucións - Domingo 13 de Decembro, ás 12 do mediodía desde o Inferniño | Ir a Ártabra 21.

|||||||||||||||||

mércores, 25 de novembro de 2015

Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, para este Venres 27 de Novembro ás 17:30hs en Caranza.


Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, realizara-se no barrio de Caranza


Venres 27 de Novembro ás 17:30hs.
No local de Fuco Buxán (Rúa Armada Española nº 32 Baixo).

Puntos a tratar.

1º Continuamos deseñando a acción polo Plan de choque contra o paro e renda básica.

Propostas de texto para ler no pleno do concello de Ferrol. Proposta de modelo de texto para presentar no rexistro dos concellos da comarca que engade o resgardo das firmas de apoio e solicitude de entrevista coas alcaldías.

2º Pasos a dar para organizar un acto sobre a debida ilexítima.
Vídeo de interese: https://youtu.be/4B9VVjg9I1s.
Web ver Nodo Galego: http://auditoriaciudadana.net/.
Observatorio Cidadán Municipal: http://ocmunicipal.net/?lang=es.

3º Despois do 24O que e como facemos?

Documento de valoración dos compañeiros: Lamelo, Costoya e Camaño:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/2015/10/os-companeiros-santiago-lamelo-manolo.html.

4º Varios-Información. Análise do Non á guerra. Mobilizacións. Manifestos

De Interese formativo:
* Programa Salvados "La Clase Media"
Enlace: http://www.atresplayer.com/television/programas/salvados/temporada-11/capitulo-7-viva-clase-media_2015112000450.html
Interesante Web do Programa: http://www.lasexta.com/programas/salvados/

* O maior suceso do euro | El mayor éxito del euro |
Enlace: https://vimeo.com/138022599.

Achégate e participa!
---

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Teléfono: 602 587 531 |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/ |

||||||||||||||||

luns, 9 de novembro de 2015

Concentración este Martes 10 de Novembro, ás 11 da mañá nos Xulgados de Ferrol, diante dunha execución hipotecaria do Banco Santander contra unha veciña de Ferrol


As Marchas da Dignidade de Ferrolterra chaman a participar este Martes 10 de Novembro, ás 11 da mañá, na concentración diante dos Xulgados de Ferrol que convoca a PAH de Ferrol e Comarca, co apoio de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, diante dun xuízo de execución hipotecaria, por unha demanda do Banco Santander contra unha veciña de Ferrol.

Ante a petición de apoio das PAH de Ferrol e Comarca, para que se  participe na concentración de protesta, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, decidimos, na última Asemblea, apoiar a convocatoria e difundir entre @s marchistas de Ferrolterra, convidando a participar na acción antidesafiuzamentos e por unha vivenda digna.

@s compañeir@s das PAH, van contar co apoio inestimábel da avogada Maite Ortiz e o avogado José María Erauskin de Donosti (Gipuzkoa), onde "están conseguindo parar en moitos casos aos voitres carroñeiros da banca". Din desde as PAH, que se lles solicitou apoio e sen dubidalo responderon positivamente á petición.

Desde as PAH, informaron-nos que Maite e Jose Maria, a avogada e avogado das PAH, ao final veñen en coche desde o País Vasco. Pois non puideron facer coincidir os horarios de avión. Chegan esta noite. O esforzo e compromiso desta compañeira e compañeiro, debe-nos facer dobrar o noso esforzo para ter unha maior presencia este martes, 10 de novembro, às 11 nos Xulgados de Ferrol,

Nin xente sen casas, nin casas sen xente !!

Participa !!

Máis info en:

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||

mércores, 4 de novembro de 2015

Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra - Este xoves 5 de Novembro ás 17:30hs no local de Fuco Buxán en Caranza


Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra.


Día: xoves 5 de Novembro.
Hora: ás 17:30hs.
Lugar: no local de Fuco Buxán en Caranza (Rúa Armada Española, 32 Baixo) - Ferrol.

Esta semana a Asemblea das Marchas da Dignidade desprazase ao barrio de Caranza na súa xira polos diferentes lugares da comarca. Achégate e participa.

1. Plan de choque contra o paro e renda básica. Propostas de texto para ler no pleno do concello de Ferrol. Proposta de modelo de texto para presentar no rexistro dos concellos da comarca que engade o resgardo das firmas de apoio e solicitude de entrevista coas alcaldías.

2. Pasos a dar para organizar un acto sobre a debida ilexítima.
Video de interese: https://youtu.be/4B9VVjg9I1s.
Web ver Nodo Galego: http://auditoriaciudadana.net/.
Observatorio Cidadán Municipal: http://ocmunicipal.net/.
3. Valoración do enchamos o Obradoiro 24-O Imos!!
Valoración de Lamelo, Costoya e Camaño: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.
4. Proposta de visualización dun vídeo sobre o euro.
Vídeo enviado por Alexandre para a xuntanza: O maior suceso do euro | El mayor éxito del euro | IlPiùGrandeSuccessoDell'euro |
Enlace: https://vimeo.com/138022599.
5. Preparar apoio á concentración de protesta diante dun xuízo por execución hipotecaria e difusión.
Petición de apoio da PAH de Ferrol e Comarca

Isto o enviou, a través do WhatsApp, hai uns dias Aurelia da PAH de Ferrol e Comarca. Tomamos nota e claro que podem contar com nós. Logo falei directamente por telefono con ela.

"Compañeiros das Pahs e Stop desafiuzamentos o próximo día 10 de novembro ás 11:00hs nos xulgados de Ferrol celébrase o xuízo por unha execución hipotecaria do Banco Santander contra un compañeiro da PAH de Ferrol e comarca. Van-no representar os avogados JOSÉ MARÍA ERAUSQUIN E MAITE ORTIZ de Guipúzcoa, onde xa sabedes están conseguindo parar en moitos casos aos voitres carroñeiros da banca, pedíuselles e sen dubidalo viñeron. Invitámosvos a vir e que se saiba nos xulgados de Ferrol que non é un campo abonado para os bancos onde como ata agora, fixeron o seu libre albedrío. Si non podedes vir vos agradeceriamos a máxima difusión para que se saiba que non nos imos a deixar vencer e que chegaremos ata o final na loita polos nosos dereitos. SI PÓDESE".
6. Varios-Información.
-  A Asociación Cultural Fuco Buxán, dentro do Ciclo Democracia e compromiso, organiza unha nova charla-coloquio, para este Venres, 6 de novembro, ás 19:30hs, na Biblioteca Municipal - Praza de España, na Sala audiovisual, no 2º andar. Baixo o titulo: "Polo dereito á enerxía. Outro modelo, outro recibo", a cargo de Pablo Álvarez Fernández, presidente de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, que participa na Plataforma por un Novo Modelo Enerxético. [+Info]

- Xornada solidaria con Aarom, Atanes e Mario en Pontedeume. | Como sabedes, o vindeiro 10 de Novembro o noso compañeiro Aarom vai ser, xunto outros dous estudantes, xulgado por defender un ensino público, galego e non patriarcal. [+ Info]

- O 7 de novembro de 2015, ás 12 horas, mulleres e colectivos feministas marcharemos xuntas a Madrid para esixir que a loita contra as violencias machistas sexa unha cuestión de Estado. Ferrol (con saída, o 6 de novembro, ás 23:00hs e parada en Vilalba ás 23:45 aproximadamente) [+Info].
||||||||||||||||||||||

venres, 30 de outubro de 2015

Os compañeiros Santiago Lamelo, José Carlos Costoya e Manolo Camaño, fan balanzo deste 24O no Obradoiro e de todo o acontecido na súa contorna (actividades, sucesos, pronunciamentos, ...)


AÍNDA OCUPANDO O 60% DA PRAZA DO OBRADOIRO O 24-O FOI UN ÉXITO
.

Ao marxe de facer unha valoración máis completa e repousada na xuntanza que manteremos en breve a Comisión Coordinadora Galega das MMdD sobre a mobilización do 24-O, (por certo que é moi importante lembrar que se trata dunha comisión coordinadora na que teñen voz e voto, en pé de igualdade, e poden asistir sempre ao menos dúas persoas por organización, das que teñen subscrito o manifesto inicial das Marchas do 22M), vemos a necesidade de facer xa algunhas reflexións sobre do acontecido na mobilización do Obradoiro do 24 de outubro na que nos xuntamos entre tres e catro mil persoas, en torno a un 60% dos que o fixéramos o 29 de novembro de 2014.

DIGNIDADE. A bofe que fixemos unha mobilización digna. A dignidade é a que nos move e, sen dúbida, unha vez máis estivo presente no Obradoiro, si ben e certo que o obxectivo era o de encher e ateigar ese espazo emblemático e non o conseguimos. Quedámonos nese 50 ou 60% cando as matemáticas, polo número de apoios “on line” e ate os de “ultima hora”, podían facer crer que seríamos máis. Aínda así, en tempos onde o discurso hexemónico leva á desmobilización, desde as MMdD seguimos na nosa estratexia de facer posible a presencia na rúa sostida no tempo. De aquí coidamos que ten que partir o análisis e a reflexión, unha reflexión serea, que nos ten que facer valorar o acontecido tendo en conta tanto os FACTORES INTERNOS como os FACTORES EXTERNOS porque, está claro, que as manifestacións illadas, concretas, non son o obxectivo final das Marchas da Dignidade, son só un camiño, unha ferramenta, que busca construír, paseniño, UNIDADE NA LOITA. CONCIENCIA E UNIDADE DE CLASE. Nestes derradeiros tres días temos lido e ouvido algunhas valoracións feitas “dende a grada”, por xentes que nunca baixaron ao terreo de xogo a disputar pero tamen por compañeiros e compañeiras que noutras ocasións si que disputaron connosco o partido, e isto é o que a nós particularmente máis nos amola. Si gaña o equipo: “gañamos!!!!”, “que bos somos!!!". Si o equipo perde: “Menudos maulas!!!”, “Non valedes para nada!!!”, “Hai que cambiar o adestrador xa!!!”, “Hai que fichar a esta ou aqueloutro!!!”. Son valoracións que entendemos gratuitas por vir de onde veñen e como veñen, pero sobre todo inxustificadas e inxustas por vir de quen veñen. Algunhas persoas, alleas, está claro que queren acabar co movemento das MMdD pero,... e esas outras que estiveron connosco, o 22M, o 21X, e o 29N do 2014, e que desta vez non estiveron. Esas que sumadas dan ise 40% que non estivo... Porqué tratan de combater o movemento?

Ollando arredor non se entende. Porque temos claro que a conxuntura, onde a realidade socio-laboral, a política e a económica non só non ten mellorado senón que, polo contrario, se consolidou, a non ser que nos creamos os indicadores da EPA, IPC, PIB, etc., e cheguemos a unha conclusión diferente. A realidade é que a deriva da inversión do binomio das rendas do capital e do traballo ven a ser o indicador máis atinado para diagnosticar a conxuntura REAL. As condicións obxectivas para dar unha resposta popular, polo tanto, seguen a estar aí. Onde, como, cando e con quen se vai a dar esa resposta?. Onde está e quen propón a alternativa?

Só atopamos a explicación mirando que o momento político-electoral, e as súas pulsións cruzadas, controvertidas, e moitas veces tóxicas, domina o ambiente. O discurso hexemónico que, ao noso xeito de ver, acaba tragando as dinámicas dos partidos “rupturistas” e foi quen de instalar na conciencia de algunha xente que a “solución electoral” é o remedio ós seus problemas, máis aínda despois de asestarlle un bó golpe ao bipartidismo nas eleccións municipais. Máis isto non sería tan grave si non se incorporaran a dito discurso algunhas organizacións partidarias, xa non digamos as corporacións sindicais instaladas no Réxime. Esta variable distorsionadora e desmobilizadora afecta fundamentalmente ós vectores sociais máis politizados, á militancia, e a contornos das organizacións políticas.

Máis de tódalas maneiras, no conxunto da clase obreira e dos sectores populares, a xente que sofre o desemprego, os desafiuzamentos, a pobreza enerxética, as persoas, sobre todo a xuventude que ten que emigrar, aquelas que estudan unha carreira para logo incorporarse a un mercado laboral escaso e precario, onde impera o escravismo laboral, e moitas e moitos que seguen atizando os seus respectivos lumes con loitas locais ou sectoriais, coidamos que para nada entenden que van a vir as solucións despois do 20D.

Dende o punto de vista interno, a programación e o deseño do 24O, foi acordado por UNANIMIDADE da columna galega no mes de xuño, fai tres meses, e foi transmitido, compartido e socializado con todos os colectivos, organizacións e persoas de xeito inmediato.

Durante o verán, dende a Comisión Coordinadora das MMdD transmitíronse mediante TRES CIRCULARES, ademais dun permanente bombardeo de chamamentos, todas as pautas, suxerencias e orientacións de traballo a todas as organizacións, colectivos e persoas. Ó redor de 250 enderezos de correo.

En setembro celebramos a II Asemblea Galega das MMdD, na Coruña. Asemblea, como se sabe aberta, onde quen non participou foi porque non quixo.

Dende fai tres meses déuselle un impulso importante as nosas ferramentas de comunicación. Tanto o blogue como o facebook e o twitter das MMdD estiveron activos levando TODA, pero absolutamente toda, a información ó público en xeral. Honestamente pensamos que si non foi perfecto, o deseño e a dirección TRANSVERSAL E UNITARIA das MMdD si estivo á altura das circunstancias, prevendo, anticipando, orientando e atendendo a campaña, e tamén a precampaña, 24-O.

Na Columna Galega das MMdD formalmente estamos 67 colectivos, os últimos en incorporarse foron o SAGAP, a Marea Branca e a Iniciativa por unha Marea Galega máis, na práctica e na realidade, somos como moito unha ducia de colectivos activos. Desde o noso punto de vista a inmensa maioría dos colectivos non son alleos ás pulsións e actitudes das organizacións políticas por efecto simpatía, por colateralidade, por proximidade ou contaminación. Isto é moi fácil de entender porque, se vemos apatía e desidia ó redor, é moi difícil que un teña ilusión para o traballo. Obviamente este é un aspecto sobre o cal deberemos de discutir e reflexionar colexiadamente e dentro de cada colectivo ou organización.

O esforzo que se fixo para integrar na campaña a todo o mundo está fora de dúbida, pero tamén é obvio que algunhas organizacións deron o seu apoio “para quedar ben”, ou o que é igual; “APOIO” para non apoiar. Observamos no Obradoiro que houbo ausencias masivas e significativas de algunhas organizacións coñecidas e outrora como mínimo participantes no movemento. Para calquera que coñeza como se vertebran aos movementos sociais nos pobos, nas plataformas, etc, exceptuando a aqueles que teñen dinámicas propias, sabemos que as inercias e actitudes dos militantes organizados politicamente acaban determinando tamén as actitudes deses colectivos e organizacións. Constatamos que, de novo, volvéronse a producir chamadas preguntando por autobuses de lugares diversos da xeografía galega; de Monforte, do Barco, de Sober, de Ourense ou de Lugo. É obvio, unha vez máis, que as MMdD e o propio 24O teñen e tiveron máis predicamento e eco social que capacidade real de recoller a súa potencialidade, non só de cara a unha mobilización como a recente, senón para xestionar a súa organización a nivel comarcal, con carácter estable.

Non imos a profundar máis nisto, porque a bofe que as persoas medianamente intelixentes saberán interpretar, no até agora dito, as razón poderosas de non ter dado un paso de calidade e cuantitativo maior no 24O. Quen mobiliza a cidade de Compostela?. Onde estaba a xente que no 29N do 2014 nos recibiu na cidade cos brazos abertos e nos acompañou ao Obradoiro?.

Por todo isto negámonos a compartir cos que dín que esta mobilización foi un fracaso. Claro que non o foi!. O fracaso foi daqueles que teimudamente boicotearon todo o que quixeron, e aínda non contentos na súa paranoia, non están a aforrar descualificacións para minorar o impacto político e social do “VOLTAMOS O OBRADOIRO O 24-O”.

Aqueles que caen nese erro, non saben que cando descualifican ás MMdD, están en realidade descualificando a cada un dos colectivos e plataformas que as conforman. Ao noso entender hoxe non hai outra ferramenta que recolla e que sume o descontento e o sufrimento popular fora das MMdD. Dende as organizacións políticas, e sobre todo dende as corporacións sindicais, non só pola falta de vontade, coidamos que a estas alturas serían incapaces de atraer ó crisol de colectivos e xentes que sí incorporamos nas MMdD.

Tendo en conta o dito, a nosa valoración, a falla de outra máis pausada e repousada como comentamos ao principio, pode resumirse no seguinte:

PRIMEIRO: Partindo das variables negativas e de toxicidade analizadas o 24O foi un éxito, non só polas 3000 persoas congregadas no Obradoiro (a metade que o ano pasado) senón pola campaña feita, que aínda afectada por esas variables, foi un feito incontestable na Galiza, e a través dela chegamos a milleiros de galega e galegos de todo o País. Curiosamente a prensa do inimigo, dos que temos enfrente, non regala nada, e a súa valoración, casualmente, é mellor que a de moitos e moitas que se empeñan, sen conseguilo, en facer naufragar o noso movemento. Elas e eles terán que reflexionalo e explicar o porqué.

SEGUNDO: Queda garantida a continuidade das MMdD. As 3000 persoas que estivemos no Obradoiro o 24 de outubro non imos a deixarnos influír polo relato intencionado e pesimista da mediocridade daquelas e daqueles que en nome da nova política, que en realidade é ben vella e marxinal, actúan demostrando que non creen na mobilización na rúa.

Construír a unidade obreira e popular para a mobilización é moi complexo, e máis aínda nunha conxuntura convulsa como a presente. Supomos que será máis doado a partir do día 21 de decembro, cando os resultados electorais nos poñan cos pes na terra, a todas e todos. A mobilización social é unha ferramenta, como o é a folga, nunca é un obxectivo en si mesmo. A repercusión, e o cumprimento dos obxectivos fixados, responden a razóns dialécticas, ademais das cualitativas e as cuantitativas. Dende a ideoloxía obreira razoamos así, pretender extraer o cumprimento dos obxectivos ou o éxito dunha mobilización en base exclusivamente a cuestións cuantitativas, ademais de sesgado é reproducir, sinxelamente, o relato da clase dominante.

A visceralidade mostrada contra as MMdD por algunha xente que nun momento histórico como o que nos atopamos debería estar a carón noso déixaos ben retratados e avalan, ao noso entender ,a corrección deste movemento, da nosa traxectoria e da de todas as persoas, independentemente da organización ou colectivo ao que pertenzan, que nos partimos o peito, e a cara, dende fai dous anos pola unidade obreira e popular.

Todo isto non nos quita da necesidade de sermos autocríticos e de seguir facendo autocrítica co noso traballo, máis nunca imos caer no masoquismo inxenuo, como pretenden aquelas persoas que desexan ver o barco das MMdD varado nas pedras. Iso sería darlles a razón, e a razón dialéctica está a carón de nós.

REFLEXIÓN CAMARADAS!!!.

Na Galiza a 27 de outubro de 2015

Santiago Lamelo de FC-Somos Maioría d'A Coruña
José Carlos Costoya do S.F. da Confederación Intersindical
Manolo Camaño da CUT.

||||||||||||||||

xoves, 29 de outubro de 2015

As Marchas da Dignidade no Obradoiro este 24 de Outubro de 2015: Pan, Traballo e Teito - Vídeo

Curta crónica dun 24O reivindicativo

A Columna de Ferrolterra das Marchas da Dignidade estivo presente este 24 de Outubro en Compostela, con forza e convicción. Seguimos marchando por un mundo mellor, por unha sociedade xusta e igualitaria. A Pan, Traballo e Teito, o Pobo ten dereito.


https://youtu.be/BRKv6Kx1Yy4





||||||||||||||||||

mércores, 21 de outubro de 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra, fan un chamamento a participar na Columna Norte que marchará sobre a Praza do Obradoiro o vindeiro sábado 24 de Outubro - Informan de autobuses desde Ferrol, pasando por Caranza, Fene e Cabanas, até Santiago de Compostela


IMPORTANTE!!

BUSES DESDE FERROLTERRA PARA ENCHER O OBRADOIRO O PRÓXIMO 24-O


O próximo sábado 24 de Outubro saíran autobuses desde Ferrolterra.

Ás 9:30 da mañá sairán desde a praza 10 de Marzal, no barrio de Recimil en Ferrol, facendo paradas en Caranza, Fene e Cabanas. Chegando ao antigo mercado do gando de Salgueiriños en Compostela, onde a Columna Norte (11:00hs) entrará en manifestación até a praza do Obradoiro (12:00hs), onde terá lugar o acto final da mobilización. A volta de regreso a Ferrolterra será as 14:30 do mediodía. O custo da viaxe será 5 euros por persoa.

Para anotarse podedes chamar ao número de telefono 602 587 531 ou mandar un correo a marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com e deixar o voso nome e telf. ou tamén podedes enviar unha mensaxe a través do facebook. O límite para anotarse será o próximo venres ao mediodía. Canto antes vos apuntedes mellor, para facilitarnos saber cantos buses hai que contratar.

Ánimo!! fagamos que a columna de Ferrolterra sexa forte, alegre e combativa. Quédannos moitas batallas que afrontar, que saiban os da TROIKA (Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo e Eurogrupo) e os seus servidores PP, PSOE e CIUDADANOS, que a columna ferrolterra vai ser dura de roer, Ferrolterra Resiste!!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1091688770848836/

IMPORTANTE, VÍDEO PARA COMPARTIR POLAS REDES SOCIAIS PARA ANIMAR Á XENTE Á PARTICIPAR NESTA MOBILIZACIÓN.

https://youtu.be/vfsDwU7Fd_c

IMPORTANTE, ENLACE AO BLOG DAS MARCHAS DE FERROLTERRA PARA DIFUNDIR POLAS REDES SOCIAIS, ONDE ESTÁ UN PEQUENO TEXTO QUE FIXA UNHA POSICIÓN POLÍTICA E SOCIAL PARA ANIMAR A PARTICIPAR NESTA MOBILIZACIÓN RECOLLENDO A SITUACIÓN ACTUAL QUE ESTAMOS A VIVIR.

http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/2015/10/polo-dereito-vivir-dignamente-as.html

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

Ven debater no grupo:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
||||||||||||||

sábado, 17 de outubro de 2015

Polo dereito a vivir dignamente, ás Marchas da Dignidade chaman a encher o Obradoiro de Compostela o vindeiro sábado 24 de Outubro, ás 12 do mediodía


O próximo 24 de Outubro na Praza do Obradoiro.

As Marchas da Dignidade, estan-se mobilizando este mes de Outubro no contexto das loitas a nivel europeo que teñen lugar en diferentes países, cidades e vilas, por unha outra Europa posíbel, por unha Europa Democrática, Solidaria, Social e dos Pobos. Para responder, desde a mobilización e a concienciación, ás políticas austericidas implementadas pola Troika e secundadas polos gobernos cómplices.

As Marchas da Dignidade pulan pola unidade popular contra as políticas neoliberais emanadas e impostas dede o Eurogrupo, o Banco Centra Europeo e o Fondo Monetario Internacional (Troika) e os gobernos cómplices que as aplican en beneficio propio e das grandes corporacións e bancos transnacionais, que pagan favores contratando, con sumas astronómicas, a membros deses gobernos nos seus consellos de administración e viceversa, o que se ven chamando as portas xiratorias na política das elites corruptas que deciden sobre a vida das persoas..

Despois das mobilizacións e accións comarcais e locais do pasado día 8 deste mes, as Marchas da Dignidade chaman a encher o Obradoiro nunha concentración nacional en Santiago de Compostela, o próximo sábado 24 de Outubro, onde chegarán columnas que desde diferentes vilas e cidades da Galiza confluirán na Praza do Obradoiro, ás 12 do mediodía. Ferrolterra irá na Columna Norte que partirá da explanada do antigo Mercado do Gando, ás 11 da mañá, marchando por Xoán XXIII e San Francisco até o Obradoiro.

Desde Ferrol sairán autobuses, para dirixir-se a Compostela, co fin de mobilizar, concienciar e participar no #OBRADOIRO24O. Precisamente cando se dan a coñecer os datos de que hai máis de 13 millóns de persoas pobres ou en risco de exclusión social no conxunto do Estado Español, cun desemprego de máis de cinco millóns, dos cales 250 mil só en Galiza. Mariano Rajoy e o Partido Popular que goberna, presumen de “medio millón de parad@s menos”, cando marcharon máis de 2 millóns de persoas fóra da península (entre inmigrantes que retornaron empobrecidos aos seus países de orixen e a nosa mocidade xa formada que busca futuro noutros lugares). Ou cando por mor da reforma laboral hai máis de 2 millóns de traballadores/as probes, mais con emprego ou subempregad@s (baixos salarios, sen dereitos, precarizados e moito peores condicións laborais e de seguridade),  e máis de 350.00 persoas que perderon a súa vivenda, ...

A crise económica acelerou en Europa a imposición da orde neoliberal, baseada na tiranía do poder financeiro, a primacía do diñeiro sobre a soberanía popular, a privatización da xestión dos servizos públicos e a transformación dos cidadáns en clientes.

A imposición destas políticas na Galiza e no resto do Estado Español, da man do Partido Popular e outros gobernos afíns, xerou pobreza, exclusión, represión e indignación na maioría da poboación. Tamén grandes beneficios para o corrupto poder financeiro e os políticos cómplices.

As Marchas da Dignidade participaron na promoción e preparación das Marchas Europeas pola Xustiza e a Dignidade, xunto a numerosas organizacións do continente e baixo 4 reivindicacións básicas acordadas no Encontro Alternativo en marzo: Confrontar as políticas austericidas e de privatización de servizos públicos da Troika; os pobos teñen que ser consultados; acabar cos Paraísos Fiscais na Unión Europea (UE) e deter as negociacións secretas do TTIP entre Estados Unidos e a UE.

As Marchas da Dignidade  incorporarán a estes puntos unitarios as súas propias reclamacións de Pan, Traballo, Teito e Dignidade, facendo especial mención á súa demanda de derrogación das reformas laborais e a lei mordaza; a esixencia de prestacións para todas as persoas sen emprego; rematar coa pobreza enerxética; garantir a alimentación e o dereito a unha vivenda digna, á saúde, aos coidados e ao ensino; e combater a violencia machista, a homofobia e a xenofobia. Na Galiza, o dereito de autodeterminación dos pobos, o dereito a decidir, forma parte das reivindicacións do Manifesto constituínte.

As Marchas, xunto a outras plataformas, percorreron Europa con itinerarios converxentes, tocando todos os paraísos fiscais da UE, realizando actos nas cidades do percorrido, chegando finalmente o pasado 15 de Outubro a Bruxelas, o mesmo día que se iniciou un Cume da Unión Europea. Coa chegada das Marchas, ese mesmo día, apoiando a iniciativa dos movementos belgas, fixo-se un cerco simbólico do Cume oficial, para a continuación abrir un Cume Social Europeo, cunha Conferencia sobre a Débeda e un debate sobre Políticas de “Austeridade” e Pobreza na UE culminando o sábado 17 de outubro cunha gran manifestación europea no Día Mundial contra a Pobreza. O mesmo 16 de outubro instalaou-se en Bruxelas un campamento contra o TTIP (Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos).

En Ferrolterra, desde Marzo as Marchas da Dignidade veñen reivindicando un plan de choque contra o paro e unha renda básica, para toda persoa que non teña ningún tipo de prestación económica. Coa implicación de todas as administracións, para paliar a situación de declive económico e social na que estamos inmersos. Consideramos que a Ría é unha oportunidade para o emprego, comezando polo seu saneamento, limpeza e recuperación,  seguindo polo seu aproveitamento pesqueiro e marisqueiro, e mesmo turístico e de lecer, mais tamén a loita contra o cambio climático como xerador de emprego, con empresas públicas ou de economía social dedicadas á rehabilitación, a reciclaxe, a reutilización e a recuperación.

Participa !! Ven a Compostela o 24O !! Nós Imos !!
Fora Rajoy, Fora Troika!    Pan, Traballo e Teito !!
Marchas da Dignidade Ferrolterra

Folla Informativa en Formato pdf: Accede/Baixa.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/982674298443504/

Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Telefono 602 587 531 | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

||||||||||||||||

venres, 9 de outubro de 2015

Con dignidade, como en toda Galiza, en Ferrol comezan a quentar motores as Marchas da Dignidade camiñando cara ao 24 de Outubro en Compostela


Hoxe 8 de Outubro, como en toda Galiza, en Ferrol comezaron a quentar motores as Marchas da Dignidade camiñando cara ao 24 de Outubro en Compostela, para responder, desde a mobilización e a concienciación, ás políticas austericidas implementadas pola Troika e secundadas polos gobernos cómplices, como os do Partido Popular de Feijóo na Galiza ou de Rajoy en Madrid.

A media tarde daba comezo o acto reivindicativo das marchas, concentrando-se na significativa Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, baixo o lema "Camiñando cara ao Obradoiro: Fora Rajoy, Fora Troika! Pan, traballo e teito". Case unha ducia de colectivos interviñeron na concentración que organizo a Marcha en Ferrol (Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, Esquerda Unida, Decide en Común, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Podemos, Agamme, Fuco Buxán AC, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, Apicultores, Marcha Mundial das Mulleres, Foro Galego da Inmigración, ...). Os colectivos, organizacións sociais e políticas que participaron neste acto, tomaron a palabra para explicar os seus obxectivos de loita, a problemática social á que se enfrontan, e compartiron análise da conxuntura, amosando o seu apoio e participación o próximo 24O na Praza do Obradoiro.

Remamtou-se o acto manifestando que desde Marzo as Marchas veñen reivindicando un plan de choque contra o paro e unha renda básica, para toda persoa que non teña ningún tipo de prestación económica. Coa implicación de todas as administracións, para paliar a situación de declive económico e social na que está inmersa Ferrolterra e o resto das comarcas do noroeste galego.

||||||||||||||

sábado, 3 de outubro de 2015

Este Xoves 8 de Outubro, concentración "Camiñando cara ao Obradoiro", ás 18:30hs, na Praza Amada Garcia (diante do Edificio da Xunta): "Fora Rajoy, Fora Troika! - Pan, Traballo e Teito !


O xoves 8 de Outubro haberá manifestacións nas cidades e vilas galegas convocadas polas Marchas da Dignidade. En Ferrolterra faremos unha concentración na praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta, ás 18:30 da tarde.

As Marchas da Dignidade, somos un movimento inclusivo, plural e diverso, estamos a convidar aos diferentes colectivos, organizacións e loitas da comarca a participar na concentración e intervir na mesma, coa súa actividade, accións e reivindicacións.

Participando e quentando motores

Sabemos que a concentración serve para anunciar e ir xuntando forzas de cara a encher o Obradoiro o próximo #24O. Mais debemos darlle un contido que anime a participar e que a xente de Ferrolterra vexa que paga a pena participar nesta concentración, que serve para fixar unha posición política e social que axude a avanzar en positivo e recolla o sentir do pobo. Por iso decidimos concentrarnos baixo o lema Fora Rajoy !! Fora Troika (Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo, Eurogrupo) !! O 24-O Imos!! Pan, Traballo e Teito!!

Se queres podes asinar o evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/401475106723396/

||||||||||||||||

mércores, 8 de xullo de 2015

Como todos os xoves, desde hai catro meses, este 9 de Xullo ás 11:30hs diante do Edificio da Xunta, as Marchas da Dignidade Ferrolterra reivindicarán emprego e unha renda básica


CONTRA O PARO, EMPREGO E RENDA BÁSICA!! ESTE XOVES 9 DE XULLO AS 11:30 DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA EN FERROL

Participa na concentración de este xoves para seguir na loita contra a Troika e os seus servidores no estado español e denunciar as súas políticas que tanto nos afectan en Ferrolterra, PARO, PRECARIEDADE E INSUFICIENTES E RECORTADAS PRESTACIÓNS SOCIAIS. E reclamar un plan de choque contra o paro, emprego para todas e todos e unha renda básica urxentemente.

Antes da concentración, entre as 9:00 e 11:00 estaremos repartindo follas informativas diante da oficina de emprego da avda de Vigo en Ferrol. Se podes participa e difunde!!​

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/675713512559289/

Telefono e Correo-e de Contacto:

603 213 863

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Sitios na Rede:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCBGNk1PF297Qdm33jbX_esg
Perfil de facebook das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

|||||||||||||||||

xoves, 2 de xullo de 2015

Nova acción das Marchas da Dignidade Ferrolterra reivindicando emprego e renda básica - Este xoves 2 de Xullo ás 11:30hs diante do Edificio da Xunta


TODOS OS XOVES ÁS 11:30 DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL. Queremos conseguir dar-lle cara humana ao problema do paro (e non un mero dato estatístico). Non pararemos de facer presión até que se cumpran as demandas que 1.341 traballadoras e traballadores firmaron e entregaron no rexistro da Xunta e do Concello de Ferrol, e que se van levar ao resto dos concellos das tres comarcas. Demandamos un plan de choque contra o paro, contratando xa directamente das listas do paro como mínimo a 500 persoas. E unha renda básica para todas as persoas que están no paro e non teñen ningunha prestación.

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

Telefono e Correo-e de Contacto:

603 213 863

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Sitios na Rede:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCBGNk1PF297Qdm33jbX_esg
Perfil de facebook das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

|||||||||||||||||

mércores, 24 de xuño de 2015

Este xoves, 25 de Xuño, nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

ASEMBLEA ABERTA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA

Este xoves 25 de Xuño de 19:00 a 20:30 no Ateneo en Ferrol.

Temas a tratar:
1. Valoración do acto público de presentación en Ferrol dos sindicatos que participan nas Marchas da Dignidade.

2. Por data e hora para a xornada de traballo, onde analizaremos os programas electorais e acordos de gobernos locais da comarca, no relacionado con o emprego e prestacións sociais, para mais adiante poder solicitar entrevistas con os novos gobernos municipais e achegarlles as nosas propostas.

3. Debate e se así o considera a asemblea, decisión, das propostas que achega André, para levar adiante durante o verán. Semana de loita contra o paro e Venres piqueteros e solidarios.

4. Propostas de merchandising para financiarse.

5.Varios
NOTA: achegamos arquivos en pdf das propostas de Semana de loita contra o paro e Venres piqueteros e solidarios

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/. | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.
_______________

mércores, 17 de xuño de 2015

Así foi o acto público "Os outros Sindicatos" celebrado en Ferrol o 16 de Xuño de 2015 - Vídeos

É posíbel outro polo sindical alternativo?

Os outros Sindicatos e a conxuntura desde Galiza. Diversidade e Unidade.

Desde as Marchas da Dignidade dimos a coñecer aos outros sindicatos que actúan na Galiza. Falamos de sindicatos que participan dentro das propias Marchas que están comprometidos na mobilización e concienciación social por un outro mundo posíbel: democrático, xusto, sostíbel e solidario, baixo o lema á rúa que xa é hora, .. Pan, Traballo e Teito. Falaron de si propio e da conxuntura que se nos presenta. Apresentamos uns cantos vídeos que fixemos desde a nosa humilde capacidade técnica. Mais poden ter certo valor e reflicten dalgún xeito o falado e debatido, aínda que falta unha importante parte do debate que non dimos recollido. Saúde !

Presentación de Rubén Dopico das Marchas da Dignidade Ferrolterra


https://youtu.be/w9YE1R1ITkc


Intervención de Xavi Porto da CNT


https://youtu.be/0KRdtWdCwPo


Intervención de Pepe Ramón do SLG


https://youtu.be/at7offY2afU


Intervención de Xoan Lourenzo do STEG


https://youtu.be/aVzsuH6vrlM


Intervención de Manolo Camaño da CUT


https://youtu.be/rDEZTCHHFVY


Intervención de Ramón do Sindicato de Elevación


https://youtu.be/3YTBzrKCTAA


Intervención de Xan da CGT


https://youtu.be/kniCGEYO0-s


Detalle respondendo algunhas preguntas 1


https://youtu.be/euiflQgSnBU


Detalle respondendo algunhas preguntas 2


https://youtu.be/JmECxuSkBrk


Detalle do debate


https://youtu.be/ck6-OG9gMjM


Disculparon a súa ausencia os respresentantes do Sindicato Ferroviario SF-Confederación Intersindical e do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG)

Enlace de referencia:
Martes 16 de Xuño, Acto Público en Caranza: "Os outros Sindicatos" - É posibel outro Sindicalismo? - Presentación en Ferrol dos sindicatos que participan nas Marchas da Dignidade - datos e enlaces para localizar a todos os sindicatos. | Acceder.
_______________________

sábado, 13 de xuño de 2015

Martes 16 de Xuño, Acto Público en Caranza: "Os outros Sindicatos" - É posibel outro Sindicalismo? - Presentación en Ferrol dos sindicatos que participan nas Marchas da Dignidade


MARTES 16 DE XUÑO, ÁS 19HS.
CENTRO CÍVICO DE CARANZA - FERROL

ACTO PÚBLICO
"OS OUTROS SINDICATOS"

É POSÍBEL OUTRO SINDICALISMO ?

Dende o punto de vista da defensa dos dereitos laborais, a comarca de Ferrol está a vivir unha etapa que resultaría insospeitable hai anos. A cidade que tanto aportou á xestación das que agora son as grandes forzas sindicais, atópase no medio dunha dramática situación de crise, tanto económica coma reivindicativa. A pesar das altas taxas de paro e precariedade das que falan as estatísticas, o movemento obreiro parece preso dunha estraña parálise.

Se ben, son moitos os casos nos que as delegadas e delegados, e membros das seccións sindicais, seguen a velar firmemente polos intereses dos seus compañeiros e compañeiras, non parece haber un pulo para abordar os problemas de forma xeneralizara ou dende a unidade.

As forzas sindicais convencionais áchanse atrapadas na falacia dun diálogo social inexistente, e temendo a súa ruptura. O status acadado por algunhas dende o fin da ditadura, conducíronas a converter as súas cúpulas en lugares cómodos onde posicionarse e gozar de relevancia e tranquilidade.

Isto derivou nun distanciamento cos plantexamentos orixinais das organizacións, e unha grande perda de sensibilidade respecto ás circunstancias de aqueles aos que teñen o cometido de defender. Por outra banda, o crecemento das mesmas xerou a obriga de preocuparse pola entrada de cartos para poder sostelas, facéndoas virar cara unha visión máis propia do capitalismo que da acción solidaria: imaxe de marca, oferta de servizos varios, a batalla das eleccións sindicais nas empresas por obter a subvención do Estado

A maiores, o seu ego tamén medrou proporcionalmente á súa posición, impedíndolles aceptar unha eventual perda de protagonismo coa fin de traballar de forma unificada contra os problemas que están a castigar a toda a cidadanía. Sumando esa necesidade de destacar a súa imaxe de marca por motivos de cota de mercado, chegan a apropiarse de problemáticas concretas, impedindo que outras forzas participen na súa resolución, moitas veces cun resultado desastroso para as traballadoras e traballadores.

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra cremos que esta situación dificulta enormemente o labor que pretendemos de defender de forma unificada uns mínimos comúns que garantan unha vida digna para a cidadanía. O noso intento por cambiar esta situación materializámolo na convocatoria dun acto baixo o nome "Un outro sindicalismo é posible: os outros sindicatos. Presentación en Ferrol dun polo sindical alternativo". Con el pretendemos que se cree outro "polo" sindical, oposto ao conformado por eses sindicatos convencionais, e que axude a retornar equilibrio á situación de defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Coma candidatos a crear ese polo, convidamos aos sindicatos que están a colaborar nas Marchas da Dignidade: CGT, CNT, CUT, STEG, SXG, Sindicato Ferroviario, Sindicato de Elevación, Sindicato Labrego Galego, ... Cremos que este feito xa os convirte en alternativas dignas, xa que foron quen de sumarse a un movemento unitario, as Marchas da Dignidade, e traballar man con man por un interese común, aportando a súa visión e sen esquecer a súa identidade.

Pero tamén, facemos esta convocatoria, en consonancia con esa idea dun óptimo nivel de diversidade das sociedades humanas do que falaba Lévi-Strauss. No caso de Ferrol, cremos preciso aumentar esa diversidade no eido sindical coa fin de garantir a súa saúde, dada a uniformidade que presenta o sindicalismo existente na comarca. Unha diversidade que, por oposición, pode fomentar o fin desa parálise, e o retorno a unha actividade menos adulterada por parte dese sindicalismo convencional.
Por este motivo, convidámosvos a vós, e a toda a cidadanía de Ferrolterra, a participar neste acto que terá lugar o vindeiro martes 16, ás 19:00h no Centro Cívico de Caranza.

Un saúdo,

Marchas da Dignidade Ferrolterra

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/969535436432167/


---

É posíbel outro polo sindical alternativo?

Desde as Marchas da Dignidade queremos dar a coñecer os outros sindicatos que actúan na Galiza. Falamos de sindicatos que participan dentro das propias Marchas que están comprometidos na mobilización e concienciación social por un outro mundo posíbel: democrático, xusto, sostíbel e solidario, baixo o lema á rúa que xa é hora, .. Pan, Traballo e Teito.

Convidámosvos a participar neste Acto Público que vai ter lugar en Ferrol, o Martes 16 de Xuño, ás 7 da tarde, no Centro Cívico de Caranza.

CGT (Confederación Xeral do Traballo)
Confederación de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/
R/ Simón Bolívar, 89, baixo (Pol. Os Rosales)
15011 – A Coruña (A Coruña)
Tlno. /Fax: 981 128 477
Correo Electrónico:
cgtgalicia[arroba]gmail[punto]com
sp.xeral[arroba]cgtgalicia[punto]org (Sª Xeral)
sp.organizacion[arroba]cgtgalicia[punto]org (Sª de Organización)
sp.finanzas[arroba]cgtgalicia[punto]org (Sª de Finanzas)

CNT - AIT Confederación Nacional do Traballo
http://www.cntgaliza.org/
Ferrol.
Avenida de Esteiro nº10 baixo. 15401 Ferrol-A coruña Ver en Google-Maps
Horario:
Xoves: 20:30h a 22:00h
Venres: 19:30h a 21:30h
Telefono: 981 300 250
ferrol@cntgaliza.org

CUT (Central Unitaria de Traballadores/as)
http://www.cutgaliza.org/
Local Nacional da CUT: Rúa Urzáiz, 71, entrechán dereito. 36201-Vigo (Pontevedra).
Tfno.: 986220639. Fax: 986220579. e-mail: cut@cutgaliza.org

Sindicato da Elevación (Galiza)
http://www.sindicatoelevacion.org/S.E%20GALIZA.htm
se.galiza@sindicatoelevacion.org
tlf. 639 61 35 16
tlf. 639 11 31 57
tlf. 915 678 971

SF-Intersindical (Sindicato Ferroviario - Confederación Intersindical)
Telefonos de Contacto - Pontevedra
FAX 986436458 FIXO 986222060 Móvil 661402977 Interior 929272
Secretario General
Jose Carlos Costoya Mateo
Dirección Postal
Rua Areal 96-98 entreplanta Oficina 6
36201 Vigo (Pontevedra)
Pagina Web
http://sfpont.wix.com/intersindical
Dirección E-mail
sf.pontevedra@sindicatoferroviario.com
COMUNICADOS
http://sfpont.wix.com/intersindical#!comunicados-ee.ss.

Sindicato de Xornalistas de Galicia
http://www.sindicatodexornalistas.com/
Dirección: Rúa Nova de Abaixo 16, Baixo 3B, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña.
Situación da sede do SXG
Teléfono: 625 310 983
Email: sxg[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Secretario Xeral: secretario[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Afiliación: afiliacion[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Comisión de Garantías: comisiondegarantias[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Servizo Asesoría Legal: avogados[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com

STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza)
http://www.steg.gal/index.asp
A CORUÑA
Avda. Joaquín Planells s/n, Local 1752. 15007 A Coruña
Tfno.: 670 25 69 56
corunha@stegsindicato.org
Horario de atención de sede: De luns a venres de 10:00 a 14:00 h e os luns e mércores tamén de 17:00 a 19:00 h

TAMÉN CONVIDAMOS A PARTICIPAR NESTE ACTO AO SINDICATO LABREGO GALEGO, POIS É UN DOS EXPONENTES MAIS CLAROS DA LOITA ANTI-IMPERIALISTA E POR UN OUTRO MUNDO POSÍBEL.

Sindicato Labrego Galego
http://www.sindicatolabrego.com/
Rúa Ofelia Nieto 13-23, 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 554 147
FAX: 981 572 570
prensa@sindicatolabrego.com

MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA

Telefono e correo-e de contacto:
603 213 863
marchasdadignidadeferrolterra[arroba]gmail.com
Sitios en Internet:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg
Perfil de facebook das marchas da dignidade de ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!

|||||||||||||||||||

xoves, 11 de xuño de 2015

Este xoves 11 de Xuño ás 11:30 acode á concentración de protesta pola situación de paro e recortes nas prestacións - Por un Plan de Choque contra o Paro, pola Renda Básica


Este xoves 11 de Xuño ás 11:30 acode á concentración de protesta pola situación de paro e recortes nas prestacións. Todas e todos diante do edificio da Xunta en Ferrol para reclamar un plan de choque contra o paro, EMPREGO PARA TODAS E TODOS e unha RENDA BÁSICA XA!!

Antes da concentración diante do edificio da Xunta ,estaremos de 9:00 a 11:00 repartindo follas informativas na outra oficina de emprego que está na avda de Vigo en Ferrol.

TODOS OS XOVES ÁS 11:30 DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL. Queremos conseguir dar-lle cara humana ao problema do paro (e non un mero dato estatístico). Non pararemos de facer presión até que se cumpran as demandas que 1.341 traballadoras e traballadores firmaron e entregaron no rexistro da Xunta e do Concello de Ferrol, e que se van levar ao resto dos concellos das tres comarcas. Demandamos un plan de choque contra o paro, contratando xa directamente das listas do paro como mínimo a 500 persoas. E unha renda básica para todas as persoas que están no paro e non teñen ningunha prestación.

Evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/450964985062687/

ACTO PÚBLICO EN CARANZA

E O MARTES 16 DE XUÑO, ÁS 7 DA TARDE, NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA, NON FALTES Á PRESENTACIÓN EN FERROLTERRA DOS OUTROS SINDICATOS, OS SINDICATOS QUE PARTICIPAN NAS MARCHAS DA DIGNIDADE.

UN OUTRO SINDICALISMO É POSÍBEL ?

É POSÍBEL UN NOVO POLO SINDICAL ALTERNATIVO ?

Evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/969535436432167/

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

Telefono e Correo-e de Contacto:

603 213 863

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Sitios en Internet:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg
Perfil de facebook das marchas da dignidade de ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

---

xoves, 28 de maio de 2015

Pola Renda Básica e Emprego, todos os xoves concentración às 11:30hs, diante do Edificio Administrativo da Xunta, na Praza Amada Garcia


TODOS OS XOVES ÁS 11:30 DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL


Xoves 28 de Maio volvemos á carga pola RENDA BÁSICA XA!! e EMPREGO PARA TODAS E TODOS, chamamos a participar na concentración de protesta ás 11:30 diante do edificio da Xunta en Ferrol.

Porque temos que ser moitas persoas para presionar e obrigar aos gobernos a atender as demandas que o pasado 5 de Marzo metiamos por rexistro apoiadas por 1.341 firmas. Reclamamos un plan de choque contra o paro, contratándonos como mínimo a 500 persoas das listas do desemprego e unha renda básica para todas as persoas que están no paro e non cobran ningunha prestación.

Antes mañá, repartiremos follas informativas diante da oficina do paro que está na avda de Vigo, de 9:00 a 11:00.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/407045952831292/



MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA


Telefono e correo-e de contacto:

603 213 863
marchasdadignidadeferrolterra
[arroba]gmail.com

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Rede da Columna de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

Galiza:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg


Web estatal:
http://marchasdeladignidad.org/


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!

||||||||||||||||

luns, 25 de maio de 2015

Importante anotar na axenda: Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, mércores 27 de Maio ás 18:30hs no Ateneo Ferrolán

Importante anotar na axenda!!
Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra


Este próximo mércores 27 de Maio ás 6:30 da tarde no Ateneo Ferrolán.

Puntos a tratar:
  1. Debate e propostas de todo o que rodea á loita que estamos levando contra o paro, polo emprego para todas e todos e pola renda básica xa.
  2. Organización dun acto en Ferrol, onde os sindicatos alternativos que participan nas marchas fagan a súa presentación en Ferrol con o fin de que exista na comarca un polo sindical alternativo que desbloquee a actual situación de parálise sindical.
  3. Rogos, preguntas e propostas. Neste punto agradécese que enviedes a este correo con antelación as vosas propostas por escrito para reenvialas ao resto de contactos para axilizar o debate na asemblea.
Saúdos e ánimo!!


MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA
Telefono e correo-e de contacto:
603 213 863
marchasdadignidadeferrolterra
[arroba]gmail.com

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Rede da Columna de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

Galiza:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg


Web estatal:
http://marchasdeladignidad.org/


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!

Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
25 de maio de 2015 22:38

|||||||||||||||

xoves, 14 de maio de 2015

Hoxe xoves 14 de maio, continuamos coa campaña "Todos os Xoves às 11:30 polo emprego, pola renda básica"


TODOS OS XOVES 14 DE MAIO, ÁS 11:30HS, DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL, CONCENTRACIÓN DE PROTESTA, TODAS E TODOS FACEMOS FALTA, EMPREGO OU RENDA BÁSICA XA!!

A parte de buscar traballo, buscarnos a vida, atender ás nosas familias,.. temos que facer un esforzo e dedicar un tempo a cambiar esta situación. Unha situación onde a corrupción, o abuso dos bancos e a impunidade, vai-nos empobrecendo á maioría.

ALARMA!! S.O.S. SOCIAL!! O 63% das persoas inscritas no paro en Ferrol non cobra ningunha prestación. O 54% das persoas inscritas no paro nas comarcas de Ortegal, Eume e Ferrolterra non cobra ningunha prestación.

Van xa 6 anos desta estafa chamada crise e ningún goberno fixo nada por intentar contratar á xente que estamos no paro. Temos máis poder do que pensamos, se saímos á rúa as máis de 7.000 persoas que estamos inscritas no paro no concello de Ferrol, ou as máis de 18.000 entre as tres comarcas Ferrolterra Eume e Ortegal, non lles vai quedar mais remedio que atender ás nosas demandas ou dimitir.

O pasado dia 5 de Marzo entregamos no rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol 1.341 firmas que recollemos en 8 dias diante das oficinas do paro da avda de Vigo e no edificio da Xunta, reclamando aos diferentes gobernos que cumpran o que é de xustiza ante a situación que estamos vivindo:
  1. Plan de choque urxente contra o paro contratándonos directamente das listas, como mínimo, a 500 persoas.
  2. Renda básica para todas as persoas que estamos no paro e quedamos sen ningún tipo de prestación.
Por moitas firmas que metamos, se non estamos centos de persoas os xoves ás 11:30hs diante da Xunta non vamos a cambiar a nosa situación. Temos que ser valentes e non ter medo porque é de xustiza o dereito que temos como persoas a un emprego ou o dereito que temos a unha renda básica.

AS MARCHAS DA DIGNIDADE (A TRAVÉS DOS SINDICATOS QUE NELAS PARTICIPAN) CONVOCAN FOLGA XERAL O PRÓXIMO 22 DE OUTUBRO.

Unha folga de traballo, social e de consumo. O pobo unido xamais será vencido, as e os de abaixo plantamos cara aos de arriba, basta xa de sufrimento, que se vaian! A pan traballo e teito o pobo ten dereito!!

Teléfono e Correo-e de Contacto: 603 213 863
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
Grupo de facebook: Marchas da Dignidade:
www.facebook.com/groups/265451853621237
Marchas Dignidade Ferrolterra facebook:
www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra
---

martes, 28 de abril de 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra, convocan en conxunto co Sindicato de Oficios Varios da CNT unha Manifestación en Ferrol, o vindeiro venres 1 de maio, ás 6 da tarde, con saída do Cantón


As Marchas da Dignidade de Ferrolterra, convocan en conxunto co Sindicato de Oficios Varios da CNT unha Manifestación en Ferrol, o vindeiro venres 1 de maio, ás 6 da tarde, con saída do Cantón e remate na Praza do 10 de Marzo (Entre As Pías e as Casa Baratas).

Participa no envento no facebook e difunde:
https://www.facebook.com/events/1390097747982799/

MANIFESTO UNITARIO DOS SINDICATOS QUE PARTICIPAN NA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE


PRIMEIRO DE MAIO, POLA DIGNIDADE

Neste Primeiro de Maio a Clase Traballadora continúa a loita contra o aumento da represión e da precariedade laboral e social, contra a corrupción xeneralizada, a privatización dos servizos públicos, a miseria enerxética e a falta de vivendas. Sobran motivos para a mobilización.

As reformas laborais serviron para que os empresarios conseguiran os seus obxectivos: ter traballadores e traballadoras sen dereitos. Banqueiros e capitalistas seguen aumentando os seus beneficios á costa do sufrimento e da miseria da meirande parte da poboación. Sen escrúpulos e coa complicidade de políticos lacaios que comparten os seus privilexios sosteñen tramas de corrupción que repugnan calquera persoa decente, condenando amplos sectores populares á pobreza máis severa.

Cando nun país seres humanos son desaloxados violentamente das súas vivendas, cando se corta a luz, a auga ou o gas a quen xa non os pode pagar máis, cando encher a cesta da compra é un acto épico, cando non existe ningunha estabilidade laboral e o empresario pode despedir ao seu bel-prazer, cando as pensións son miserables, cando a xuventude ten que emigrar, cando as listas de espera nos hospitais son interminables e a axuda á dependencia é unha burla mentres os gastos militares e policiais se disparan... a conclusión é que vivimos nun estado de excepción e de exclusión e que xa chegou o momento de dicir que xa abonda desta ditadura disfrazada de democracia.

A represión endureceuse para quen loita contra este sistema corrupto e inxusto desde os seus cimentos. A lexislación modificouse a tal efecto e os xuíces a executan sen pestanexar. A aplicación sistemática da prisión preventiva e o aumento do número de procesados, condenados e encarcerados por mobilizacións sindicais e sociais retrotráenos a épocas no que o aparato xudicial era un executor máis do estado totalitario.

Neste 1º de Maio dicimos ”ou eles, ou nós”. Imponse a necesidade da acumulación de forzas e a unidade da clase obreira e os sectores populares. Se, a unidade de clase é imprescindible nesta fase histórica do capitalismo, para desde aí poder afrontar con garantías o derrubamento do sistema e o empoderamento popular. De non ser así, non poderemos asinar o certificado de defunción deste capitalismo feroz.

Pero aquí dicimos que nós non lles temos medo. Soamente coa loita e a resposta contundente na rúa e nos centros de traballo poderemos combater os atropelos e a barbarie que Goberno e Capitalismo nos impoñen. Vainos nelas a liberdade e a posibilidade de vivir con dignidade e igualdade unha vida que mereza tal nome e na que os dereitos sociais sexan a garantía do desenvolvemento das persoas. Por iso nós continuaremos loitando contra o TTIP, nas Marchas da Dignidade, nos movementos antidesafiuzamento, e naqueles ámbitos nos que se denuncie a inxustiza como o que é: violencia institucionalizada.

Por todo isto, este Primeiro de Maio berramos:

BASTA XA DE REPRESIÓN!
PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE!
VIVA A CLASE OBREIRA! VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!

1 de maio de 2015



TELÉFONO DE CONTACTO:
603 213 863

ENDEREZO DE CORREO-E:
marchasdadignidadeferrolterra[arroba]gmail.com


Enlaces de interese
.-

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Redes da Columna de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg


Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!

||||||||||||||||||||

Información baseada na enviada por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
28 de abril de 2015 01:30
___

luns, 30 de marzo de 2015

A Columna Galega das Marchas da Dignidade, estivo en Madrid o pasado 21 de Marzo de 2015 - Vídeo e Fotos


A Columna Galega das Marchas da Dignidade participou na mobilización estatal das Marchas de todos os territorios, pobos e nacións do, polo de agora, Reino de España. O evento reivindicativo histórico, continuador do anterior do 22 de Marzo de 2014, tivo lugar en Madrid o pasado 21 de Marzo de 2015. Ao berro unitario "a Pan, Traballo e Teito o Pobo ten dereito", a diversidade de cores e linguas, e un mar de reivindicacións e conxuncións de loitas, marcharon centos de miles de persoas, camiño da Folga Xeral convocada para o 22 de Outubro.


https://youtu.be/oUduwryKUT4 - Galiza Contrainfo

Galería de Fotos de Galiza Contrainfo: Accede/Baixa.


TELÉFONO DE CONTACTO:
603 213 863

ENDEREZO DE CORREO-E:
marchasdadignidadeferrolterra[arroba]gmail.com





Enlaces de interese
.-
Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!

||||||||||||||||||||

xoves, 12 de marzo de 2015

A Columna Galega das Marchas da Dignidade, denuncian á RENFE e o Ministerio de Fomento por boicotear o 'Tren da Dignidade' - As columnas locais reaccionan masivamente contratando dúcias de autobuses que sairán desde todos os recunchos da Galiza


A Columna Galega das Marchas da Dignidade, denuncian á RENFE e o Ministerio de Fomento


Despois de ter preacordado con Renfe a contratación de dous trens charter para viaxar a Madrid o vindeiro 21 de marzo, a dirección desta empresa, asumindo directrices políticas da Ministra de Fomento e utilizando diversos estrataxemas, vólvese atrás para intentar impedir que os Galegos e Galegas esteamos presentes nas Marchas da Dignidade que teñen previsto confluír en Madrid, na céntrica Praza de Colón o sábado 21 de Marzo, ás 6 da tarde nun grande acto de encontro, diversidade, loita e reivindicación.

Manolo Camaño, un dos portavoces da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, nun acto abarrotado de público celebrado onte en Vigo, onde tamén interviñeron Diego Cañamero e Willy Toledo, afirmou: “A decisión política de Ana Pastor e os seus secuaces de impedir de que viaxemos en tren a Madrid, ímola responder aínda con máis 'dignidade'. Comprometémonos desde aquí a levar o dobre de xente que estaba prevista nos dous trens, e sairán autobuses de toda a xeografía galega. O 21-M, si ou si, imos ateigar Madrid”.

O 21 DE MARZO, SÍ OU SÍ VOLVEMOS A MADRID

"SI A CAPACIDADE DOS DOUS TRENS DÁ PARA ENCHER ONCE AUTOCARES, IMOS A LEVAR 25... "
---

O BOICOT AO TREN GALEGO DA DIGNIDADE FAI QUE ESTEMOS TRABALLANDO "A TODO TREN" PARA ENCHER 31 AUTOBUSES A MADRID O 21M- SI OU SI O 21 DE MARZO.A DIGNIDADE GALEGA ESTARÁ EN MADRID

Xa temos planificado o desprazamento a Madrid. Informaremos, con tempo, sobre os lugares e horas concretas de saída. Os teléfonos para o cambio dos billetes de tren vendidos e novas reservas son os que xa se repartiron e podedes atopar neste blogue . Abaratase o prezo (que agora estará entre 25 e 30 euros) e aumenta a rebeldía para acudir a Madrid. Ponte en contacto ca xente das marchas da Dignidade da túa comarca.

"Si as prazas do tren as cubrimos con 11 autobuses, a previsión agora son levar 31".

"Se non queren caldo, sete tazas."

O 21 DE MARZO, SI OU SI VOLVEMOS A MADRID

CONTRA ESTES GOBERNOS, CONTRA O CAPITAL, HAI QUE BOTALOS XA!!!

PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE

ESCALETA INFORMATIVA...... CONTACTOS PARA A RESERVA DE PRAZAS NOS 30 BUSES QUE SAIRÁN DE GALIZA PARA MADRID O 21M


A PESARES DA CENSURA SOBRE A NOTICIA, TRAS A AMPLA DIFUSIÓN EN NOTA DE PRENSA, NON SE PODEN CALAR AS VOCES, NIN AGOCHAR AS ATINADAS VERBAS IMPRESAS EN PAPEL SOBRE O BOICOT AO TREN GALEGO DA DIGNIDADE. PÓDENSE OUVIR E PÓDENSE LER, AÍNDA QUE TEÑAMOS QUE BUSCALAS ... LIBERDADE E DIGNIDADE PARA A PRENSA XA!!!!

video


Marchas da Dignidade Ferrolterra

http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Telefono: 603 213 863




Vindeiros eventos das Marchas da Dignidade Ferrolterra
:

|||||||||||||||||||||