luns, 9 de novembro de 2015

Concentración este Martes 10 de Novembro, ás 11 da mañá nos Xulgados de Ferrol, diante dunha execución hipotecaria do Banco Santander contra unha veciña de Ferrol


As Marchas da Dignidade de Ferrolterra chaman a participar este Martes 10 de Novembro, ás 11 da mañá, na concentración diante dos Xulgados de Ferrol que convoca a PAH de Ferrol e Comarca, co apoio de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, diante dun xuízo de execución hipotecaria, por unha demanda do Banco Santander contra unha veciña de Ferrol.

Ante a petición de apoio das PAH de Ferrol e Comarca, para que se  participe na concentración de protesta, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, decidimos, na última Asemblea, apoiar a convocatoria e difundir entre @s marchistas de Ferrolterra, convidando a participar na acción antidesafiuzamentos e por unha vivenda digna.

@s compañeir@s das PAH, van contar co apoio inestimábel da avogada Maite Ortiz e o avogado José María Erauskin de Donosti (Gipuzkoa), onde "están conseguindo parar en moitos casos aos voitres carroñeiros da banca". Din desde as PAH, que se lles solicitou apoio e sen dubidalo responderon positivamente á petición.

Desde as PAH, informaron-nos que Maite e Jose Maria, a avogada e avogado das PAH, ao final veñen en coche desde o País Vasco. Pois non puideron facer coincidir os horarios de avión. Chegan esta noite. O esforzo e compromiso desta compañeira e compañeiro, debe-nos facer dobrar o noso esforzo para ter unha maior presencia este martes, 10 de novembro, às 11 nos Xulgados de Ferrol,

Nin xente sen casas, nin casas sen xente !!

Participa !!

Máis info en:

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||