domingo, 25 de xaneiro de 2015

Foi a coordinación estatal das Marchas da Dignidade en Cangas



ASEMBLEA ESTATAL DE COORDINACIÓN DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN CANGAS O 16 e 17 de XANEIRO DE 2015. | O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL.

Algunhas fotos e novas que atopamos nos medios que dan fe do acontecido nas dúas xornadas que o movemento “Marchas da Dignidade_22M” desenvolvimos en Cangas do Morrazo  nesta fin de semana.

A primeira, o día 16, a CUT organizou un acto público de apoio ás Marchas da Dignidade, que encheu o salón de plenos do Concello e que serviu, tamén, para darlle a benvida a todas as delegacións que durante esta xornada, e a seguinte, se achegaron dende distintos puntos do territorio español, e como introducción a xornada de debate e traballo do sábado.

Este acto, foi presentado pola actriz Mónica Camaño e contou ca intervención do escritor galego, Xosé María Álvarez Cáccamo. Como xa tíñamos anunciadon no relatorio participaron tamén,  Lluís Blanco (IAC), Nines Maestro (Red Roja), Gines Fernandez (Frente Cívica-SM), J.M. Muñoz Poliz (CGT), Rafael. Glez. Escudero (S.F. da Confederación Intersindical.), Javier Garcia (SAT) e Manolo Camaño (CUT).

Durante o sábado, 17,  desenvolvimos unha xornada intensiva de traballo, mañan e tarde, ultimando os preparativos, e acordando as principais cuestións loxísticas e operativas das dúas grandes movilizacións que temos decididas para 2015, porque  O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID, como preludio da FOLGA XERAL NO OUTONO, o 22-O.

LIGAZÓNSÁS FOTOS de XABICAS:
https://drive.google.com/folderview?id=0B4q_Hj_9LGQSMlJkVzFOWmhyOHc&usp=sharing

LIGAZÓNS AO RECOLLIDO NOS MEDIOS:

FARO DE VIGO  O MORRAZO 18.01.2015
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/01/18/marcha-dignidad-madrid-durara-3/1167548.html
FARO DE VIGO  O MORRAZO17.01.2015
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/01/17/representantes-sociales-coordinan-cangas-marchas/1166947.html
PRAZA PÚBLICA 17.01.2015
http://praza.gal/movementos-sociais/8628/as-marchas-da-dignidade-preparan-en-cangas-un-ano-de-mobilizacion/
INFORMATIVOS TVG 17.01.2015
http://www.crtvg.es/informativos/asemblea-estatal-das-marchas-da-diginidade-en-cangas-978181

||||||||||||||||||

Segunda Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra no ano 2015

XXI Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

Este mércores 28 de xaneiro, está convocada unha nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, que terá lugar ás 18:30hs no Ateneo Ferrolán.

Os puntos a debater serán os seguintes:

1. Información e análise das xuntanzas das Marchas (Coordinadora Estatal celebrada en Cangas e xuntanza da Plataforma Galega).

2. Proposta de colaboración co documental Angrois no esquecemento, (www.angroisnoesquecemento.com) sobre o accidente do Alvia en Santiago, a investigación e a reclamación de responsabilidades políticas.

3. Desenvovimento dos seguintes asuntos:
Planificación de eventos no calendario do 2015:
  • Marcha a Madrid do 21 de Marzo.
  • Manifestación do 26 de Febreiro.
  • Folga Xeral do 22 de Outubro.
Planificación de accións a nivel local para divulgar a labor das Marchas e sumar forzas: xorden as seguintes propostas:
  • Realizar unha xornada informativa sobre a débeda e a renda básica
  • Creación dun boletín periódico das Marchas de Ferrolterra.
  • Planificación de unha "volta a ría" facendo actos nas distintas localidades presentando as Marchas.
  • Convocatoria ós desempregados para deixar copia da tarxeta do paro nas delegacións locais das autoridades. Barállase o 5 de Marzo como data para levala a cabo.
Un saúdo e adiante!


Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

||||||||||||||||

luns, 12 de xaneiro de 2015

Primeira Asemblea do ano das Marchas da Dignidade de Ferrolterra

XX Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

Este mércores 14 de xaneiro, está convocada unha nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, que terá lugar ás 18:30hs no Ateneo Ferrolán.

Os puntos a debater serán os seguintes
  1. Elección de moderador.
  2. Conclusións extraidas das últimas asemblea da Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade.
  3. Planificación de eventos no calendario do 2015.
  4. Planificación de accións a nivel local para divulgar a labor das Marchas e sumar forzas.
  5. Rogos e preguntas.
Un saúdo e adiante!


Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!



Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
12 de janeiro de 2015 20:46

||||||||||||||||